Inicio Galicia A Xunta pídelle a Alcoa e Liberty House que axilicen as negociacións...

A Xunta pídelle a Alcoa e Liberty House que axilicen as negociacións e ao Goberno que fixe un prezo eléctrico competitivo

0
image_gallery.jpg

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, volveu amosar a máxima colaboración da Administración autonómica para contar cun proxecto de futuro para a planta de San Cibrao


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, participou hoxe mediante videoconferencia nunha nova xuntanza da mesa multilateral de Alcoa San Cibrao. No encontro, Conde apuntou á necesidade de que a empresa e Liberty House axilicen as negociacións e volveulle demandar ao Goberno que estableza un prezo eléctrico competitivo que permita reducir os custos enerxéticos de factorías como a de Alcoa en San Cibrao.

Neste sentido, lembrou a necesidade de concretar canto antes un prezo eléctrico competitivo. De aí, a importancia de aprobar o Estatuto do consumidor electrointensivo; avanzar na autorización das compensacións por custos indirectos de CO2 ata o máximo que permite a Unión Europea e na posta en marcha do novo mecanismo de xestión da demanda que substitúa a poxa por interrompebilidade; ademais de concretar o seu compromiso de avaliar os proxectos do plan industrial de Liberty House que finalmente puidesen optar ao Fondo Europeo de Recuperación.

Conde volveu trasladar a máxima colaboración do Goberno galego, sinalando que a Xunta está aberta a cooperar e formar parte da solución se pasa por un proxecto viable e de futuro que garanta o mantemento dos postos de traballo e da actividade dunha factoría esencial para A Mariña.

A Xunta xa ten amosado a súa disposición a colaborar na tramitación administrativa e no asesoramento técnico para sacar adiante os proxectos definitivos que se inclúan no plan industrial para Alcoa San Cibrao, así como apoiar a nivel financeiro a través de préstamos participativos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre