Inicio Galicia A Xunta pide ao Goberno e Alcoa que se sumen á senda...

A Xunta pide ao Goberno e Alcoa que se sumen á senda do acordo: o primeiro a través do establecemento dun marco eléctrico estable e o segundo mediante a retirada do ERE

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, participou esta mañá nunha reunión co grupo Liberty House na que se constatou que existe unha posible solución e un plan industrial que permitiría dar continuidade ao emprego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria en funcións, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con representantes de Liberty House, grupo interesado na compra de Alcoa San Cibrao, tras o que pediu ao Goberno e á multinacional que se sumen á senda do acordo para permitir darlle unha solución á planta da Mariña.

O conselleiro explicou que, tras a reunión, constátase que hai unha posible solución e un plan industrial para Alcoa que permite darlle continuidade á planta de produción de aluminio primario e aos mil empregos que dela dependen.

Por iso, a raíz de coñecer esta nova proposta, Conde reclamou ao Goberno que retome de xeito inmediato a mesa multilateral para constatar as necesidades do plan industrial, necesidades que están vinculadas á un marco enerxético estable: “Necesitamos o compromiso efectivo do Goberno a través dun marco eléctrico que dea viabilidade á planta”, asegurou.

En canto a Alcoa, a autoridade laboral reiterou a súa petición para que a empresa retire o ERE, outorgando o tempo necesario para facer efectiva esta operación de compra-venda: “Volveremos facer unha advertencia para que, á luz da información e do plan industrial trasladados por Liberty House, Alcoa retire o ERE e se aveña a unha solución ordenada e a unha solución industrial que garanta o mantemento do emprego”, finalizou. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre