Inicio Galicia A Xunta persegue modernizar o servizo de mediación, arbitraxe e conciliación e...

A Xunta persegue modernizar o servizo de mediación, arbitraxe e conciliación e consolidar os plans de igualdade nas empresas

0

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe na Coruña o congreso comarcal anual de UXT

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña o congreso comarcal anual de UXT, onde avogou pola relevancia do traballo sindical para protexer os dereitos dos traballadores e traballadoras e para avanzar na modernización das cuestións laborais, na implantación efectiva dos plans de igualdade nas empresas e no prevalecemento do diálogo social.

Ante os asistentes, Mancha incidiu nalgunha das liñas do caderno de ruta dos próximos meses en materia de relacións laborais. “Traballarei en cuestións como a necesaria modernización dos servizos de mediación, arbitraxe e conciliación (SMACS), na consolidación da administración electrónica para moitas cuestións laborais e na efectividade dos plans de igualdade das empresas”, subliñou. A directora xeral fixo énfase na vocación da Xunta para facer que o diálogo social sexa unha prioridade.

Tendeu a man ademais á entidade sindical para o desenvolvemento destas tarefas e para colaborar na defensa común dos dereitos dos traballadores e no fortalecemento das relacións laborais.

O congreso de hoxe converteuse nunha homenaxe na despedida de Xosé Carrillo como secretario xeral de UXT comarcal da Coruña e sindicalista histórico desta organización. Elena Mancha contribuíu a enxalzar súa figura: “Non é posible entender a historia do sindicalismo coruñes e galego sen Pepe”. “Foi un exemplo de honradez, traballo, tesón, e mesmo ás veces tozudez, entendida como unha virtude, na defensa dos intereses dos traballadores, tanto dos seus compañeiros da fábrica de armas como de todos aqueles por cuxos dereitos traballou e loitou toda a súa vida”, enfatizou.

A directora xeral trasladou os seus parabéns a Ángel Iglesias, que toma o relevo a Carrillo ao frote de UXT comarcal da Coruña, e animouno a “deixar tan claro ás empresas como sempre o fixo Pepe a importancia de protexer e respectar os dereitos dos traballadores e traballadoras. “Co teu saber estar, o teu rigor e a túa amabilidade con toda seguridade conseguirás”, asegurou.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre