Inicio Galicia A Xunta permite a pesca do cangrexo americano ou a perca negra...

A Xunta permite a pesca do cangrexo americano ou a perca negra en certas áreas como medida de control e erradicación

0

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde pola que se modifican as normas de pesca nas augas continentais durante a tempada 2018

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio permite a captura de perca negra (Micropterus salmoides), Carpa (Cyprinus carpio), cangrexo vermello americano (Procambarus clarkii) e cangrexo sinal (Pacifastacus leniusculus) en certas áreas, como unha medida de control e erradicación destas especies exóticas invasoras.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se modifica a orde do 19 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade autónoma durante a tempada de 2018.

Esta autorización é posible debido a un cambio lexislativo a nivel estatal, pois o 21 de xullo publicábase no Boletín Oficial do Estado a Lei 7/2018, do 20 de xullo, de modificación da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Esta norma establece, na súa disposición transitoria segunda, que ata que se aproben os instrumentos normativos de planificación e xestión e a delimitación cartográfica da área ocupada polas especies catalogadas como exóticas invasoras, as Comunidades Autónomas poderán autorizar a práctica da pesca nas súas distintas modalidades, en zonas delimitadas, daquelas especies que teñan relevancia social e/ou económica, adoptando as debidas medidas tentes a salvagardar o medio natural e do ecosistema onde se desenvolvan.

Leer más:  El TSXG confirma la absolución del exalcalde de Baiona Carlos Gómez tras ser acusado de retirarse multas de aparcamiento

Tal e como recolle a orde publicada hoxe, non se establecen dimensións mínimas nin cotas de captura e os exemplares destas especies que sexan extraídos da natureza por calquera procedemento non poderán ser transportados con vida nin devoltos ao medio natural, debendo ser sacrificados no momento da captura.

No caso da Perca negra e carpa, estas poderán capturarse nos Encoros de Zamáns, O Vao, Montefurado, As Portas, As Conchas, Lindoso, Vilasouto, A Hedrada, Cecebre, Belesar, Castrelo de Miño, Frieira, Os Peares, Velle, Pumares, San Martiño, San Pedro, Santiago, Santo Estevo, Sequeiros, Leboreiro e Portodemouros. En todo caso, no anexo VIII da orde indícanse os límites dos encoros.

En canto ao Cangrexo vermello americano e o cangrexo sinal, a captura pode realizarse nos Encoros de Sabón, As Forcadas e Cecebre (agás tramos vedados):, nos ríos Sil e Bibei, nos ríos Furnia, Hospital e Pego (afluentes do Baixo Miño) augas abaixo da estrada PO-552 (Vigo-Tui). Tamén se permite nas canles e pozas da antiga lagoa de Antela, pozas dos Milagres (concello de Maceda), pozas de Rioseco (concello de Paderne de Allariz), pozas de Niñodaguia (concello de Xunqueira de Espadanedo) e coiñais de Oímbra (concello de Oímbra); no Encoro da Fervenza e tramo do río Xallas augas abaixo da presa de Ventín, pero ata o 30 de setembro; e nos Encoros de Belesar e Os Peares, nos tramos incluídos no réxime especial de encoros. 

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

- Te recomendamos -