Inicio Galicia A Xunta pechará dous días ao tráfico un treito da estrada LU-862...

A Xunta pechará dous días ao tráfico un treito da estrada LU-862 en Xove para continuar coa retirada de árbores como medida de prevención de lumes

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinala que se habilitará un itinerario alternativo os días 26 e 27 entre as 8,30 e as 20,00 horas

A Xunta de Galicia continúa cos traballos de retirada de árbores e limpeza das marxes nun treito da estrada LU-862 (Ferrol-San Cibrao) en Xove, o que obrigará a cortar de novo o tráfico nese punto durante as xornadas do martes e o mércores entre as 8,30 e as 20,00 horas.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o peche afecta a 850 metros, dende o punto quilométrico 94,500 ata o 95,350, pero haberá un itinerario alternativo pola Urbanización Palmeiro e as estradas LU-P-2604 e LU-862.

Esta medida é necesaria para retirar as árbores situadas no noiro da estrada ao longo de 330 metros (entre os puntos 94,440 e 94,770), ao tratarse de exemplares de grandes dimensións e próximos á vía férrea de FEVE. Estas circunstancias obrigan a dirixir a caída das árbores sobre a plataforma da estrada, sendo imprescindible cortar completamente o tráfico rodado mentres duren os traballos de tala, retirada de madeira e da biomasa e limpeza final dos restos. A estrada quedará completamente transitable e libre de obstáculos en todo momento en que non se estean a realizar traballos en ela.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar tarefas de limpeza e desbroces nas franxas de dominio público das vías da rede autonómica para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

No que respecta á comarca da Mariña, actúase nesta estrada e tamén na VAP da Costa e a LU-540 (Viveiro-Cabreiros). En conxunto supoñen o 50% dos 26,7 quilómetros de vías que se están a limpar na provincia de Lugo a través da empresa pública Seaga e cun investimento de 512.600 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre