Inicio Galicia A Xunta participa no arranque do primeiro Encontro Galaico Portugués de Avogacía...

A Xunta participa no arranque do primeiro Encontro Galaico Portugués de Avogacía e Dereito

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na inauguración deste encontro que reúne a profesionais do ámbito xurídico de ambos os lados da fronteira  

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do primeiro Encontro Galaico-Portugués de Avogacía e Dereito, que ten lugar hoxe no Museo do Mar de Galicia que reúne a profesionais do ámbito xurídico de ambos lados da fronteira.

Este primeiro encontro que ten lugar durante todo o día de hoxe converte a Vigo nun punto de reunión de especialistas do eido xudicial que vai permitir un maior coñecemento recíproco do ordenamento xurídico, xa que a formación e o intercambio de experiencias sempre resulta positivo, sobre todo nun ámbito tan relevante como o da avogacía, unha peza fundamental no Estado de Dereito.

Cabe destacar o labor imprescindible que levan a cabo, entre outros, os avogados da quenda de oficio para garantir o dereito á tutela xudicial efectiva a aqueles que máis o necesitan, por iso dende o Goberno galego axilizouse ao máximo o pago da quenda de oficio aos colexios de avogados e incrementáronse os baremos; así como o labor dos mediadores para evitar os tribunais e que as partes resolvan o conflito entre elas, un ámbito polo que tamén aposta a Xunta poñendo servizos de mediación en todas as cidades galegas.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Ademais todo isto non sería posible sen a colaboración co resto de axentes, como TSXG, colexios de psicólogos, procuradores e avogados e incidiu na importancia da colaboración entre todos os operadores xurídicos para seguir avanzando cara unha Administración de Xustiza máis eficienteHai que poñer en valor a relación entre Galicia e Portugal, especialmente coa súa rexión norte, como exemplo de cooperación eloxiado en varias ocasións polas institucións europeas, sendo unha referencia en Europa e a Eurorrexión recoñecida como exemplo pola Comisión Europea, compartindo proxectos de cooperación que van da educación universitaria ás emerxencias, pasando pola sanidade ou os servizos compartidos.


- Te recomendamos -