Inicio Galicia Pontevedra A Xunta participa no acto de entrega de máis de 4.400 detectores...

A Xunta participa no acto de entrega de máis de 4.400 detectores de fume por parte do consorcio contraincendios de Pontevedra

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, indicou que xa se está avanzando nas comarcalizacións da Coruña, Lugo e Ourense e agardou que en Pontevedra se chegue pronto a un acordo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou hoxe no acto de entrega de máis de 4.400 detectores de fume por parte do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Pontevedra, cuxo importe ascende a algo máis de 33.400 euros.

Estes detectores son parte do material que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior entregou -no marco do proxecto europeo Ariem-112 de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias- ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Porriño e Tomiño, ao GES da Guarda e ao propio Consorcio. Ademais destes detectores, tamén se fixo entrega no seu momento doutros recursos como equipos de respiración e de excarcelación, mangueiras de agua ou traxes químicos. O importe total deste equipamento ascendeu a preto de 300.000 euros.
Consultado polo tema da comarcalización, Menor aclarou que xa están pechadas entre as distintas administracións tres comarcalizacións: a de Santiago de Compostela, Ferrol, e Ourense -mañá mesmo está prevista unha reunión con alcaldes da contorna da cidade-; ademais de seguir avanzando noutros puntos. Todos eles constitúen acordos transversais con administracións gobernadas por partidos diferentes.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

Con todo, lamentou que en Pontevedra non se produciran avances, aínda que agardou que pronto se poida chegar a un acordo entre Xunta e Deputación provincial, seguindo os pasos que se están realizando no resto de provincias. En todas as comarcalizacións impulsadas ata o momento, o proceso parte do acordo entre Administración autonómica e Deputación, para despois entrar nas negociacións co concello que estende o seu servizo para beneficiar ás entidades locais da contorna.

A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra, previstas pola Xunta de Galicia e abordadas no Grupo de Traballo polas emerxencias, permitirán que, cando se produza unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación.


- Te recomendamos -