Inicio Galicia A Xunta participa no acto de entrega de carnés aos membros de...

A Xunta participa no acto de entrega de carnés aos membros de Protección Civil de Santiago

0

O vicepresidente da Xunta destacou a importancia da formación dirixida aos integrantes das agrupacións de Protección Civil que se realiza de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde xunto ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, no acto de entrega de carnés aos membros de Protección Civil.

O vicepresidente da Xunta destacou a importancia da formación dirixida aos integrantes das agrupacións de Protección Civil que se realiza de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Nesta liña, incidiu na necesidade da formación e prevención no eido das emerxencias para ofrecer aos cidadáns a resposta máis eficaz ante calquera incidencia.

Alfonso Rueda tamén resaltou o importante labor altruísta dos voluntarios da Agrupación de Protección Civil na defensa da seguridade dos seus veciños e na atención ás emerxencias. Por iso, agradeceu o compromiso coa cidadanía e a xenerosidade que demostran no seu traballo do día a día os membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección de Galicia, que están presentes no 75 % dos concellos galegos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre