Inicio Galicia A Xunta participa na Semana europea para a seguridade e a saúde...

A Xunta participa na Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo co obxectivo de promover a cultura da prevención no entorno laboral

0


A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou esta mañá na xornada técnica de avaliación de axentes químicos que se celebrou no centro Issga da Coruña, onde subliñou a aposta da Xunta por promover a cultura da prevención nos lugares de traballo e, neste caso, evitar as consecuencias da exposición dos empregados a substancias perigosas.

A xornada enmárcase na celebración da Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo que se centra na alerta fronte a substancias perigosas e completarase, ao longo desta semana, con outras xornadas técnicas e informativas que abordarán temas como os riscos eléctricos e mecánicos, ou o risco químico en salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre