Inicio Galicia A Xunta participa na reunión dos órganos de dirección da Agrupación Europea...

A Xunta participa na reunión dos órganos de dirección da Agrupación Europea de Cooperación Europea de cooperación territorial Galicia-Norte de Portugal

0

O obxectivo da reunión, que tivo que ser adiada por mor da crise do COVID-19, foi aprobar as actividades e o orzamento da AECT para 2020


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión do Consello da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), da Eurorrexión que tivo lugar en Vigo, e na que se aprobaron o Plano de actividades e o orzamento para o ano 2020.

Na súa intervención, Jesús Gamallo fixo balance dos 10 anos de funcionamento da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Gaicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e puxo en valor o seu traballo coma entidade que se ten configurado como o auténtico brazo executor das políticas da Eurorrexión, centrada na promoción das relacións transfronteirizas, na valorización e o fomento da concorrencia do tecido empresarial de Galicia e o norte de Portugal e no aumento da cohesión social.

Entre as decisións acadadas destaca a aprobación do Plan de Traballo da AECT para 2020, cunha nova convacatoria do Programa IACOBUS, para realizar novas estadías de docentes e investigadores galegos e portugueses en Universidades, intitutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. No próximo curso darase unha atención especial aos traballos que teñan como finanlidade mellorar o coñecemento e as actuacións para defendérmonos mellor de situacións como a pandemia que estamos a vivir. Ademais, prestarase unha atención especial á cultura da Eurorrexión, con actividades como o premio literario NORTEAR, para xoves escritores, ou as conversas e os intercambios expositivos entre artistas da Eurorrexión.

Os problemas laborais van ser atendidos cunha nova convocatoria dos JOB DAYS da Eurorrexión que nesta ocasión vanse celebrar íntegramente en formato virtual.

A reunión do Consello e da Asamblea serviu para presentar dúas novas publicacións da AECT da Eurorrexión: o anuario correspondente a 2019 e un novo libre de "Os bolechas", dedicado desta volta ao patrimonio cultural da Eurorrexión, para achegar aos mais pequenos o coñecemento dos valores culturais do noso territorio.

Con ocasión da celebración do décimo aniversario do funcionamento da AECT, decidíuse realizar unha publicación que recolla a evolución da Eurorrexión nestes dez anos.

A xuntanza tamén permitiu darlle un novo pulo ao Plan de Revitalización post-COVID da cooperación de proximidade, no que están a participar todos os axentes da cooperación transfronteiriza. O Plan centrarase en establecer estratexias que preparen á Eurorrexión para afrontar xuntos a nova realidade post-Covid-19, afianzando o seu papel e reforzando a súa visibilidade como “área segura e confiable”.

Na mesma liña, outro dos obxectivos do Plan é maximizar os investimentos públicos, actuando conxuntamente para conseguir que os fondos achegados pola Unión Europea presten unha atención especial ás áreas de fronteira, co fin de minimizar o impacto do peche perante a loita contra a pandemia.

Conscientes de que esta crise supuxo un triplo desafío sanitario, económico e social, e constatando as enormes dificultades á cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal que provocou o peche das fronteiras, na reunión do Consello e a Asamblea da GNP-AECT tamén se discutiron os pormenores do futuro Plan de Investimentos Conxuntos, PIC, que pretende maximizar a utilización dos fondos europeos novo marco orzamentario plurianual da Unión Europea 2021-2027 na área da Eurorrexión, algo de particular trascendencia no momento actual. Neste senso, o traballo da AECT da Eurorrexión alinearase coas prioridades actuais da UE no eido dixital, ecolóxico, demográfico e social. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre