Inicio Galicia A Xunta participa na inauguración do I Encontro Ibérico de Agrupacións Europeas...

A Xunta participa na inauguración do I Encontro Ibérico de Agrupacións Europeas de Cooperación Transfronteriza

0


O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, participaron hoxe no acto de inauguración do I Encontro Ibérico da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza.

Ambos os dous puxeron en valor o traballo da AECT Galicia Norte de Portugal a prol de afianzar unha Eurorrexión do coñecemento e a innovación; de apostar pola competitividade das empresas galegas, aproveitando as posibilidades que abren os novos mercados; de ser un referente da sostenibilidade medioambiental; de situar ao cidadán no centro da Eurorrexión, apostando pola fronteira como oportunidade para o desenvolvemento; e de incidir no ámbito da cultura que nos une. Neste último caso, con iniciativas tan importantes para Galicia e Portugal coma o programa Iacobus, de cooperación e intercambio entre centros de estudo superior e universidades da Eurorrexión.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre