Inicio Galicia A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica ?Mulleres sobre mulleres? onde...

A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica ?Mulleres sobre mulleres? onde pon en valor a importancia de visibilizar a unión en prol da loita pola igualdade de dereitos

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que o concello de Curtis, dende o seu centro de información á Muller, impulsou un taller de fotografía a través da emocións durante o mes de febreiro


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participará esta tarde na inauguración da exposición fotográfica Mulleres sobre mulleres, onde puxo en valor a importancia de visibilizar a unión en prol da loita pola igualdade de dereitos.

Segundo explicou López Abella, o concello de Curtis, dende o seu centro de información á Muller, impulsou un taller de fotografía a través da emocións durante o mes de febreiro. O taller acadou o máximo de prazas de asistencia e contou cunha parte técnica acompañada dun enfoque emocional.

O froito dese taller, poderase desfrutar durante os próximos días nunha exposición fotográfica “a beleza do invisible “ polo cal se pretende visibilizar e por en valor ás mulleres importantes das vidas do cotiá, o valor da necesidade de todas esas mulleres na loita pola Igualdade de dereitos. Dita exposición desenrolase como parte dos actos de conmemoración do 8 de marzo “día Internacional da Muller”.

O lugar de exposición será no Centro Etnográfico de Teixeiro e estará dispoñible no horario do centro dende o día de hoxe, ás 17:00h. O taller fotográfico e a exposición foi da man da Fotografa Diana Fontenla, coñecida por ter unha sensibilidade especial á hora de captar emocións a través das fotografías  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre