Inicio Galicia A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica ?Iguais en dereitos. Avogacía...

A Xunta participa na inauguración da exposición fotográfica ?Iguais en dereitos. Avogacía pola igualdade? posta en marcha polo colexio de avogados de Ourense

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron á inauguración que conta coa colaboración de 30 fotógrafos e fotógrafas


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiron á inauguración da exposición fotográfica “Iguais en Dereitos. Avogacía pola Igualdade”, posta en marcha polo Ilustre Colexios de Avogados de Ourense.

Segundo indicou López Abella, indicou que é necesario combater os roles e estereotipos de xénero que seguen fortemente arraigados na nosa sociedade, e que accións como esta reforzan a sensibilización e concienciación social e contribúen a concienciar sobre a necesidade de acadar a igualdade entre mulleres e homes. Destacou tamén que é imprescindible o compromiso social, a implicación do conxunto da sociedade para avanzar cara a igualdade.

A visibilización das desigualdades que aínda persisten, a concienciación social para a consecución dun modelo de sociedade máis equitativo desde a óptica do xénero, continuarán a ser obxecto de actuación por parte da Administración autonómica, polo que resaltou que non podemos deixar de impulsar as accións destinadas a ter un impacto no conxunto da sociedade en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes en todos os ámbitos.

Esta exposición é froito da colaboración de 30 fotógrafos e fotógrafas que amosan nunha imaxe, a desigualdade na nosa sociedade e apostan pola igualdade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre