Inicio Galicia A Xunta participa na entrega das Insignias que concede anualmente a Federación...

A Xunta participa na entrega das Insignias que concede anualmente a Federación ourensá de Asociación de Veciños Limiar

0

O Teatro Principal de Ourense acolleu o acto de entrega da XVIII edición das Insignias concedidas pola Federación de Asociación de Veciños Limiar, que contou coa asistencia da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Nesta edición a insignia de ouro colectiva recaeu na Policía Local en recoñecemento o seu labor social a favor da cidadanía, mentres que a individual destacou o traballo do arquitecto técnico do Concello xa xubilado, Julio Adán.

No acto tamén se fixo entrega de tres placas ao mérito veciñal, a membros de Asociacións de Veciños en recoñecemento ao seu traballo. Díaz Mouteira foi a encargada de entregarlle unha placa a Inmaculada Freijeiro, fundadora de Limiar e ex presidenta da A.

VV. O Barrio. O acto contou coa actuación de varios grupos musicais pertencentes ao movemento veciñal de Ourense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre