Inicio Galicia A Xunta participa na constitución da Mesa local de coordinación interinstitucional contra...

A Xunta participa na constitución da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero en Lalín

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou a importancia destas mesas para acadar unha maior eficacia e coordinación de todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero a nivel municipal


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na constitución da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero no concello pontevedrés de Lalín.

López Abella destacou que un dos obxectivos principais destas mesas é procurar unha maior eficiencia e coordinación de todos os axentes implicados na loita contra a violencia de xénero a nivel municipal, así como incrementar a cooperación institucional neste ámbito entre a Administración autonómica e os concellos. Nesta liña, indicou que é competencia dos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección das vítimas procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso.

Por tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dispoñibles para garantir unha mellor atención, así como para sensibilizar a toda a sociedade na prevención e na erradicación desta lacra.

As Mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero perseguen a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero; optimizar a coordinación dos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero; ofrecer unha atención e unha resposta áxil ás vítimas de violencia; mellorar a protección ás vítimas de alto risco; e informar e sensibilizar na materia tanto a profesionais como á poboación en xeral.

No transcurso da reunión desta tarde, abordáronse entre outras cuestións, os obxectivos e funcións deste organismo e as actuacións que se desenvolverán de cara á mellora da coordinación, ademais do grupo de traballo que se encargará da análise dos casos coa Garda Civil, a Policía Local e o Centro de Información á Muller (CIM).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre