Inicio Galicia A Xunta participa na clausura dos cursos de formación da Federación provincial...

A Xunta participa na clausura dos cursos de formación da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense

0

A Administración autonómica destinou 33.000 euros ao financiamento de diferentes actividades centradas na educación para o lecer e tempo libre e na adquisición de competencias

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou hoxe no municipio de Verín no acto de entrega de diplomas ás participantes nas actividades formativas desenvolvidas ao longo deste curso pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) e subvencionadas pola Xunta de Galicia. A Administración autonómica financiou con 33.000 euros diferentes acción formativas levadas a cabo por esta entidade e que se centraron tanto no ámbito da formación para o lecer e o tempo libre como na adquisición de competencias para a mellora do acceso ao empregoDurante a entrega, o titular do departamento autonómico felicitou ás persoas que completaron a súa formación nestes cursos, destacando a importancia que teñen para aumentar as posibilidades de inserción laboral das mulleres rurais. Neste sentido, afirmou que a Xunta de Galicia seguirá a traballar en prol das persoas máis vulnerables con políticas activas de apoio e integración e de formación para o emprego.

Leer más:  El PSOE utiliza la comisión del Congreso como "cortina de humo" para evitar discutir el caso 'Koldo', según critica Rueda

Así mesmo, Arturo Parrado apuntou que se continuará levando adiante un traballo coordinado coas entidades para mellorar a situación dos fogares e persoas que máis precisan de apoio. Neste compromiso enmarcou o novo incremento da orde de axudas a entidades de iniciativa social. De feito o importe consignado na última convocatoria 2018-2020, publicada no DOG o pasado 26 de xuño, multiplicase por tres con respecto á convocatoria publicada hai tres anos, ata acadar na actualidade os 15 millóns de euros.

Por último, o director xeral destacou que o Executivo autonómico segue a aumentar os fondos destinados á area de inclusión, sendo o orzamento deste departamento para o presente ano de 115,2 millóns de euros, un 8% máis que no exercicio anterior. 


- Te recomendamos -