Inicio Galicia A Xunta participa na clausura dos actos do XX aniversario da Federación...

A Xunta participa na clausura dos actos do XX aniversario da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que o Goberno galego leva anos apoiando a Federación con axudas que dende o ano 2009 acadan os 300.000 euros

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou o compromiso do Goberno galego para visibilizar a importancia das achegas das mulleres rurais e conseguir o recoñecemento social, económico e institucional que merecen, priorizando áreas de actuación para acadar unha Igualdade real e efectiva entre mulleres e homes do rural galego.

Susana López Abella participou esta mañá na clausura do acto do XX aniversario da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense que tivo lugar en Verín onde indicou que dende o Goberno galego traballase para mellorar a situación das mulleres rurais, fomentar a súa visibilidade e impulsar unha igualdade real de oportunidades en materia de acceso e condicións de emprego, impulsar a súa capacidade para emprender e promover condicións que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral nun escenario de corresponsabilidade entre mulleres e homes.

Segundo indicou a titular de Igualdade, dende a Xunta lévase anos apoiando á Federación nos programas que presentan ás ordes de axudas e subvencións, tanto para o fomento do asociacionismo e participación das mulleres como para entidades de iniciativa social para programas para mulleres, a través do Programa Femuro Concilia e Emprega. Así, dende o ano 2009 recibiron preto de 300.000 euros para levar a cabo estes programas.

Leer más:  La conselleira do Medio Rural considera "probablemente intencionados" los recientes incendios: "Es parte del ADN de Galicia"

Susana López Abella indicou que é necesario priorizar áreas de actuación co obxecto de conseguir unha Igualdade real e efectiva entre mulleres e homes do rural galego, como a visibilidade da muller rural, a promoción do emprendemento, a conciliación e a corresponsabilidade e o fomento do uso das TIC.


- Te recomendamos -