Inicio Galicia A Xunta participa na clausura do proxecto de formación e emprego ?Aprender...

A Xunta participa na clausura do proxecto de formación e emprego ?Aprender traballando? da Fundación Secretariado Gitano

0

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, salientou a importancia destas accións para mellorar o acceso ao emprego deste colectivo e, deste xeito, garantir a súa plena integración social e laboral

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, participou esta mañá no acto de clausura e entrega de diplomas ás persoas que participaron no proxecto de formación e emprego ‘Aprender traballando’ desenvolvido pola Fundación Secretariado Gitano en Pontevedra coa implicación de varias empresas e o apoio económico da Administración autonómica. De feito, a Consellería de Política Social mantén un convenio anual de colaboración coa devandita fundación por unha contía de 65.820 euros dirixido, principalmente, a impulsar a inserción social e laboral da poboación xitana.

Arturo Parrado destacou o traballo que realiza da Fundación Secretariado Gitano, en especial no que atinxe ao deseño de itinerarios integrados de inclusión e de acceso ao emprego. Así mesmo, tamén fixo fincapé nos programas que esta fundación leva adiante no eido da orientación educativa e de apoio e reforzo nas escolas mediante as iniciativas Acceder e Promociona. “O obxectivo é mellorar a capacidade de inserción e incorporación deste colectivo no mercado de traballo, así como facilitar a inserción de xente nova desempregada e en situación de exclusión social mediante a formación con novas capacitacións”, apuntou o director xeral.

Leer más:  Los arrestados en la 'Operación Vodka' fueron puestos en libertad con la condición de comparecer en el juzgado

O programa ‘Aprender traballando’, que este ano centrouse no sector da hostalería e do comercio, susténtase en dúas fases formativas de seis meses de duración (840 horas). Na primeira as persoas beneficiarias reciben formación en competencias transversais e na segunda fase completan esta formación no posto de traballo das empresas colaboradoras.

Cómpre indicar que a Fundación Secretariado Gitano desenvolve estas intervencións de acollida, orientación, acompañamento e formación para o emprego nas principais cidades de Galicia onde traballa non só con poboación xitana, senón tamén con outros colectivos vulnerables. 


- Te recomendamos -