Inicio Galicia A Xunta participa na clausura das xornadas de emerxencias en Sanxenxo organizadas...

A Xunta participa na clausura das xornadas de emerxencias en Sanxenxo organizadas pola Asociación de Técnicos de Bombeiros

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor indicou a importancia da formación continua nun eido tan importante como son as emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor participou hoxe na clausura da Xornadas de Emerxencias organizadas pola Asociación de Técnicos de Bombeiros ( APTB), onde destacou a importancia da formación continua nun eido tan importante como son as emerxencias.

As xornadas que tiveron lugar no Club Náutico de Sanxenxo, onte e hoxe reuniron a máis de 150 mandos de bombeiros de toda España así como mandos de Portugal cos que se estableceron procedementos de coordinación e axuda mutua grazas ao proxecto de colaboración Ariem+ .

A Axencia Galega de Emerxencias levou a cabo unha exposición dos drons que emprega a Axencia, e achegou un camión de posto de Mando avanzado, un camión cisterna de 25.000 litros ou unha bomba de abastecemento ou achique de auga que pode sacar 25.000 litros por minuto, baleirando unha piscina olímpica en menos de 5 minutos.

Leer más:  Prado critica la falta de explicaciones de Sánchez sobre una cuestión grave de corrupción, y lo califica como "desaparecido"

Tal e como indicou Luis Menor, é fundamental que os mandos de bombeiros coñezan o material que poden solicitar cando se mobilice o Grupo de Apoio loxístico da Axega, para dar unha solución eficaz as intervencións onde sexa necesario empregar estes materiais.

Durante as Xornadas abordáronse temas como o risco que supoñen os incendios forestais, os cambios que deben afrontar os operativos de extinción debido aos cambios nos modelos de combustible, os cambios climatolóxicos que fan que cada vez teñamos mais GIF (Grandes Incendios Forestais), buscando novas formas de traballo en extinción e no post incendio coa protección de posibles erosións e lavados de terra. 


- Te recomendamos -