Inicio Galicia A Xunta participa na andaina da Fundación Ingada para apoiar ás nenas...

A Xunta participa na andaina da Fundación Ingada para apoiar ás nenas e nenos con trastornos por déficit de atención e hiperactividade

0
image_gallery.jpg

Esta iniciativa procura sensibilizar á cidadanía en xeral sobre as necesidades destes menores e as súas familias


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre, participou hoxe na sexta edición do Camiño da Diversidade da Fundación do Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada). O responsable da área de Familia da Consellería de Política Social sumouse a esta andaina, que percorreu a última etapa da ruta sanabresa a Santiago de Compostela.

Jacobo Rey felicitou á Fundación Ingada por esta iniciativa, coa que se favorece á concienciación da sociedade na atención ás pequenas e pequenos con trastornos por déficit de atención e hiperactividade. Tamén puxo en valor o traballo que realiza esta fundación para mellorar a autonomía e calidade de vida dos menores e as súas familias.

Os participantes neste VI Camiño da Diversidade fixeron a andaina desde a capela do Santiaguiño ata Boqueixón, desde onde se desprazaron en autobús ata a colexiata do Sar —xa en Santiago— para facer de novo camiñando o último tramo ata a praza do Obradoiro. A xornada culminou coa lectura dun manifesto pola Diversidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre