Inicio Galicia A Xunta participa en Portugal nun simulacro europeo para comprobar a resposta...

A Xunta participa en Portugal nun simulacro europeo para comprobar a resposta operativa internacional ante emerxencias

0

As simulacións comezan hoxe e prorrogaranse ata o 1 de xuño

A Xunta de Galicia participa a partir de hoxe en Portugal no exercicio europeo EU Cascade 2019, un simulacro de emerxencias que terá lugar en distintos puntos de Portugal desde hoxe e ata o 1 de xuño e que ten co obxectivo principal comprobar e poñer a punto a resposta operativa e a colaboración internacional ante emerxencias complexas. Ademais de España e Portugal, tamén tomarán parte no mesmo Alemaña, Bélxica, Croacia e Francia.

Galicia forma parte dun continxente español, liderado pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, no que tamén están integrados efectivos de Andalucía e País Vasco. Os técnicos galegos, coordinados polo subdirector de planificación e protección civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, proceden da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dos bombeiros de Ferrol, e da Unidade de Rescate Cans de Salvamento de Galicia (Casaga).

En total, o módulo español -que intervirá principalmente na zona de Cascais- está composto por 35 persoas, 18 vehículos, 5 cans e catro dons. Galicia aporta as capacidades de busca técnica e valoración da zona cos seus drons, que transmitirán imaxes ao Posto de Mando Avanzado en tempo real; e de busca con 3 cans de salvamento. Os profesionais galegos desprazados serán un total de 8, sumando o persoal da Axega, dos Bombeiros de Ferrol e de Casaga.

Máis de 30 escenarios diferentesO simulacro, organizado pola Autoridade Nacional de Protección Civil de Portugal (ANPC), está cofinanciado pola Comisión Europea no marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea.

A través do mesmo, poderase comprobar en máis de 30 escenarios diferentes a resposta operativa dos cincos países participantes, co obxectivo de contribuír a unha mellora da capacidade de resposta conxunta e integrada ante emerxencias complexas.

O exercicio baséase nun enfoque multirrisco, no que se suceden diferentes emerxencias en catro distritos portugueses diferentes: Aveiro, Lisboa, Setúbal e Évora. A secuencia sería a seguinte: un evento climático adverso que afectaría a Aveiro, con graves consecuencias en infraestruturas e nunha presa; un evento sísmico no sur do país, con impacto en Lisboa, Setúbal e Évora, con consecuencias en infraestruturas críticas; e escenarios de contaminación marítima. En total, traballarase en 22 municipios diferentes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre