Inicio Galicia A Xunta participa con 240.000? na produción da serie de televisión ?El...

A Xunta participa con 240.000? na produción da serie de televisión ?El hombre de Zara' sobre a vida de Amancio Ortega

0
image_gallery.jpg

Román Rodríguez destacou a importancia desta iniciativa audiovisual liderada por unha empresa galega xunto a Amazon Prime Video


A Xunta de Galicia apoia o proxecto de Ficción Producciones para levar á televisión a vida de Amancio Ortega na serie El hombre de Zara, que acaba de ser adxudicataria dunha subvención de preto de 240.000 euros a través da convocatoria anual de axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuniuse cos responsables da compañía compostelá, Mamen Quintas e Julio Casal, para coñecer de primeira man os detalles do seu proxecto, que están a desenvolver xunto a Amazon Prime Video para a súa emisión nesta plataforma.

O ourensán Norberto López Amado será o director da serie, que ao longo de oito capítulos ofrecerá un percorrido pola traxectoria vital e empresarial de Amancio Ortega, inspirado na biografía escrita pola xornalista Covadonda O’Shea a partir das súas conversas co fundador de Inditex. Será a través de oito capítulos, que se rodarán maioritariamente en Galicia e que se atopan actualmente en fase de preprodución. Tamén para estes traballos previos, Ficción contou con apoio autonómico como adxudicataria en 2015 dunha das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega.

Con El hombre de Zara, a produtora galega repite alianza con Amazon Prime Video despois de levar a cabo a produción internacional 3 Caminos, que ten prevista a súa estrea a primeiros de 2021. Neste caso, a Xunta foi a principal impulsora do proxecto cunha subvención de 1,5 millóns de euros a través dunha convocatoria específica para o sector audiovisual galego, co obxectivo de difundir os valores do Camiño de Santiago e a imaxe de Galicia no exterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre