Inicio Galicia A Xunta organiza unha xornada técnica sobre estratexias de adaptación ao cambio...

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura

0

O taller desenvolverase o vindeiro 19 de novembro, en xornada de mañá, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos


A Consellería do Medio Rural, a través da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), organiza para o vindeiro 19 de novembro unha xornada técnica sobre estratexias de adaptación ao cambio climático en vitivinicultura.

O coñecemento e concienciación do impacto que ten o cambio climático sobre o ciclo da vide e a súa influencia na calidade da uva, así como as consecuencias na adega e nos viños, son de suma importancia. De aí a necesidade de organizar esta xornada, que permitirá dar a coñecer distintos proxectos e iniciativas que abordan esta problemática. Ademais, entre os obxectivos do encontro -que será de xornada de mañá- están o de reforzar a capacidade do sector vitivinícola para afrontar este proceso de cambio no viñedo e nas adegas, ademais de presentar estratexias de adaptación e mostrar resultados de medidas adoptadas a este respecto.

Neste senso, a través desta xornada preténdese reforzar a capacidade do sector para que poidan implementar as medidas máis adecuadas no viñedo, co gallo de previr riscos e mitigar os seus efectos.

A xornada, que contará con 75 prazas, terá lugar o vindeiro 19 de novembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos. O prazo de inscrición remata o vindeiro 17 de novembro. Os interesados poderán consultar o programa a través da páxina oficial da Evega, onde tamén terán á súa disposición a folla de inscrición. Este é o enlace directo á xornada.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre