Inicio Galicia A Xunta organiza unha actividade de formación para a reutilización de aparellos...

A Xunta organiza unha actividade de formación para a reutilización de aparellos electrónicos e eléctricos no centro penitenciario de Monterroso

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza varios talleres formativos sobre a axeitada xestión deste residuos e cunha marcada orientación socio laboral

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza mañá, xoves 13 de decembro, un taller formativo para a preparación para a reutilización de aparellos eléctricos e electrónicos, das case 15 actividades que organizan baixo a denominación Os residuos como oportunidade RAAE.

Estas accións teñen unha clara vertente ambiental, para a redución de residuos, nas que se explicará a importancia da prevención, a correcta xestión dos residuos unha vez xerados, así como o impacto ambiental asociado, tanto na produción deste aparellos, como cando pasan a ser residuos (RAEE). A outra vertente é a socio-laboral, xa que a formación que reciben pode servir como orientación básica cara a unha saída profesional para ambos colectivos como grupos cunha maior dificultade de inserción laboral.

Os participantes recibirán unha serie de sesións orientativas nas que se incidirán na formación en materia de xestión e preparación para a reutilización destes residuos xerados a raíz dos aparellos eléctricos e electrónicos.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

Actualmente, en Galicia xéranse un total de 54.000 toneladas ao ano deste tipo de residuos, o que supón unha media de 20 quilos de residuos por persoa. Gran parte dos mesmos, poderían regresar ao ciclo produtivo aplicando un programa de preparación para a reutilización que contemple a súa comprobación, limpeza e reparación, de xeito que se permita a reutilización destes elementos sen ningunha outra transformación previa. Na actualidade, o sector de xestión de residuos representa un 27% do total catalogado coma Emprego Verde. Estimase que unhas 1.000 toneladas de RAEE xeren uns 200 postos de traballo na procura da súa preparación para a reutilización.

A Consellería de Medio Ambiente, no marco de actividades previstas no Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), está a elaborar un programa formativo específico destinado aos axentes implicados na xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e outras figuras. Esta iniciativa busca xerar conciencia sobre a necesidade de preparar para reutilizar todos aqueles compoñentes de aparellos eléctricos e electrónicos desbotados que poidan ter unha nova vida, reducindo así a cantidade de residuos industriais xerados na Comunidade galega e posibilitando a apertura de novas oportunidades laborais. 

Leer más:  La operación en Ourense y Pontevedra contra fabricantes de narcolanchas continúa abierta con seis detenidos

- Te recomendamos -