Inicio Galicia A Xunta organiza un taller sobre procesos de recoñecemento dos atributos en...

A Xunta organiza un taller sobre procesos de recoñecemento dos atributos en viños da Denominación de Orixe Valdeorras

0

Ten como obxectivo principal formar e adestrar aos compoñentes dos paneis de cata oficiais das distintas denominacións de orixe

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para o vindeiro 7 de novembro un taller práctico sobre novos procesos de recoñecemento dos atributos nos viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Neste taller, tamén colaboran a Fundación Juana de Vega e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Desta forma, os asistentes poderán familiarizarse e especializarse no recoñecemento dos aromas e sabores que describen positivamente os viños producidos e amparados nesta denominación de orixe, tanto no caso dos brancos coma dos tintos. Deste xeito, os participantes aprenderán a buscar a presenza maioritaria duns atributos ou outros para conseguir o viño desexado.

Así, este tipo de actividades teñen como obxectivo principal formar e adestrar aos compoñentes dos paneis de cata oficiais das distintas denominacións de orixe, para garantir así o recoñecemento da calidade organoléptica dos produtos de calidade avalados polos distintos selos. Neste caso, falamos da décimo cuarta acción de transferencia que organiza a Evega neste ano, que consistiron en seis xornadas técnicas, cinco talleres prácticos (ao que se suma esta iniciativa) e dúas publicacións monográficas.

Esta actividade desenvolverase en xornada de tarde na sede do consello regulador da DO Valdeorras, no concello de Vilamartín de Valdeorras. Haberá un total de 30 prazas dispoñibles e o prazo de inscrición rematará o día 6 de novembro, agás que se esgoten antes as prazas. Poderase consultar o programa e descargar a folla de solicitude na páxina oficial da Evega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre