Inicio Galicia A Xunta organiza os próximos tres días en Chantada un curso sobre...

A Xunta organiza os próximos tres días en Chantada un curso sobre accidentes en estrada dirixido ao voluntariado de Protección Civil

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que unha trintena de inscritos recibirá formación teórica e práctica para ofrecer unha resposta máis eficaz en situacións de emerxencia por accidentes de tráfico

A Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Academia Galega de Seguridade Pública vén de organizar en Chantada un curso sobre accidentes en estrada dirixido a integrantes do voluntariado de Protección Civil.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta acción formativa, de 30 horas de duración, desenvolverase os próximos tres días (do 1 ao 3 de novembro) en horario de 9,00-15,00 e de 16,00-22,00 horas na aula CeMIT desta localidade lucense.

Nela participarán unha trintena de inscritos procedentes das agrupacións de voluntariado de Protección Civil do Saviñao, Chantada, Monterroso e doutras provincias galegas, interesados en adquirir a través dos distintos módulos teóricos e prácticos a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.

De feito, o curso inclúe varios módulos nos que se tratarán conceptos xerais e prácticas de primeiros auxilios, excarceración e estudo das intervencións específicas en caso de accidentes nos que estean involucradas mercadorías perigosas ou exista risco ambiental.

Trátase dun curso gratuíto, como o conxunto da formación que a Xunta ofrece ao persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos concellos de Galicia.“A formación no eido das emerxencias permite ofrecer aos cidadáns a resposta máis eficaz ante calquera incidencia”, sinalou a modo de conclusión Balseiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre