Inicio Galicia A Xunta organiza no Concello de Miño un curso sobre o manexo...

A Xunta organiza no Concello de Miño un curso sobre o manexo do solo nunha explotación hortícola de produción ecolóxica

0
image_gallery.jpg

Levarase a cabo en tres xornadas que terán lugar os días 1, 9 e 14 de outubro


A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre o manexo do solo nunha explotación hortícola de produción ecolóxica. Comezará o vindeiro 1 de outubro no concello coruñés de Miño.

Dito curso terá unha duración de 16 horas en horario de mañá e celebrarase en tres xornadas, comezando o xoves 1 de outubro no local social de Loios e tendo outras dúas sesións os días 9 e 14 dese mes, en explotacións da zona. A acción formativa vai dirixida a agricultores activos, mozos que se incorporan á actividade agraria e persoas en idade laboral con expectativas de incorporarse a este eido produtivo.

A través desta formación, o alumnado adquirirá competencias para desenvolver operacións de agricultura ecolóxica relacionadas coa preparación do solo, os labores culturais necesarios para a implantación dos cultivos, a produción, manexo e aplicación de compost e biofertilizantes, ademais de estratexias para a recuperación e mellora de terras en desuso. Este curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que leva a cabo a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre