Inicio Galicia A Xunta optimizará o deseño da variante de Alba co fin de...

A Xunta optimizará o deseño da variante de Alba co fin de minimizar o seu impacto na parroquia de Campañó

0

O Goberno galego analizará co Concello de Pontevedra e cos veciños da zona as posibles melloras a incorporar no proxecto para acadar consenso na infraestrutura

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade optimizará o deseño da variante de Alba co fin de minimizar o seu impacto na parroquia de Campañó.

O Goberno galego analizará co Concello de Pontevedra e cos veciños desta parroquia as posibles melloras a incorporar no proxecto co fin de que a variante se execute con consenso.

A alternativa escollida para a variante, que se executará inicialmente en dous carrís, é a que responde aos obxectivos de maior funcionalidade, mellora da seguridade viaria e menor impacto territorial.

O trazado sometido a información pública é o que permite atender a demanda do concello de impulsar a variante de Alba, cumprindo os condicionantes do Ministerio de Fomento para conectar coa estrada N-550.

A alternativa elixida tamén evita a afección a tres ríos e ao seu contorno, ademais de a un elemento patrimonial denominado Casa da Granxa que consta con protección integral segundo o PXOM.

O Executivo autonómico mellorará a seguridade do treito que vai desde a conexión con Combarro ata a glorieta de enlace coa Variante de Alba, prestando especial atención ao acceso ao colexio. Tamén se analizará a opción de que o paso superior máis próximo á PO-531 se reformule como paso inferior, ademais de procurar o menor desvío posible para o outro paso.

Ademais, cómpre lembrar que o que se refire á circulación, a variante sacará o 75 % do tráfico do núcleo de San Caetano e reforzará a seguridade viaria nesta contorna.

Nova senda peonilO Goberno galego aposta polo reforzo de seguridade viaria nesta contorna, así que de xeito complementario á variante, se está a impulsar un itinerario peonil e ciclista entre os núcleos de Alba e San Caetano. Hoxe o DOG publica a aprobación da información pública e o proxecto de construción deste itinerario. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: https://bit.ly/2YQ3QyfEsta actuación, cun orzamento duns 640.000 euros, céntrase na construción dun itinerario entre os puntos quilométricos 0 e 1+080 da estrada PO-225, que conecta as citadas poboacións e as empresas situadas na zona, e que coincide coa traza do Camiño de Santiago Portugués.

O obxectivo prioritario desta actuación é incrementar a seguridade de veciños e dos peregrinos nos seus desprazamentos polo Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Alba e San Caetano. O propósito da Xunta é tamén que o itinerario estea listo para ser empregado polos peregrinos que acudan a Compostela no Xacobeo de 2021.

Esta actuación está incluída no Plan de Sendas na comarca de Pontevedra, cofinanciadas con Fondos FEDER 2014/2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre