Inicio Galicia A Xunta optimiza a páxina web do transporte público de Galicia con...

A Xunta optimiza a páxina web do transporte público de Galicia con novas ferramentas que lles facilitarán aos usuarios o acceso á información dos servizos de autobús

0

Esta plataforma ofrece a posibilidade de planificar a viaxe desexada, seleccionando as paradas de orixe e destino, incluso a través dun mapa


A Xunta optimiza a páxina web do Transporte Público de Galicia, www.bus.gal, con novas ferramentas que lles facilitarán aos usuarios o acceso á información dos servizos de autobús.

A páxina web, que se puxo en funcionamento tras a entrada en servizo do Plan de transporte público de Galicia, inclúe agora máis opcións para dar mellor resposta ás necesidades dos cidadáns que empregan o autobús.

Esta plataforma ofrece a posibilidade de planificar a viaxe desexada, seleccionando as paradas de orixe e destino, incluso a través dun mapa. Os usuarios tamén poderán acceder aos servizos dispoñibles para o desprazamento que precisen, así como as rutas e os horarios de paso polo punto establecido.

A Xunta, que segue a traballar para mellorar os servizos de transporte, tamén engadiu na web unha enquisa de satisfacción, que os viaxeiros poderán cubrir, expresando as súas opinións. Así, a Dirección Xeral de Mobilidade poderá considerar as achegas dos usuarios para continuar optimizando o acceso á información.

Cómpre lembrar que a páxina tamén contempla a opción de realizar reservas de servizos de transporte público baixo demanda. Para isto, as persoas interesadas en reservar a praza deben facelo ata as 20 horas do día laborable anterior á xornada na que se queira viaxar, tamén a través do número teléfono 988 68 78 00. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre