Inicio Galicia A Xunta ofrece formación sobre a covid-19 ao persoal non docente dos...

A Xunta ofrece formación sobre a covid-19 ao persoal non docente dos centros educativos

0

Vai dirixida ás persoas que desempeñan labores nos centros, co fin de darlles pautas en cuestións como a hixiene e a limpeza nesta situación

A Xunta de Galicia está a ofrecer formación, a través do webinario sobre Medidas hixiénicas de prevención ante a covid-19 nos centros educativos, dirixida a persoal non docente. Os destinatarios desta acción son as persoas que desempeñan labores non docentes nos centros educativos, calquera que sexa a súa función.

A oferta desta formación púxose en coñecemento destas persoas a través dos centros nos que traballan, por exemplo persoal de limpeza e comedor. Ademais, a formación queda gravada e porase a disposición da comunidade educativa.

No webinario ofréceselle aos participantes formación arredor do Manual Covid de Hostalaría e Turismo na súa aplicación aos centros educativos, e dicir, desde a óptica do protocolo xeral e de comedores. Así mesmo, no referido aos protocolos de hixiene e limpeza, a formación segue as previsións establecidas con carácter xeral para os establecementos de hostalaría e restauración. A relatora do webinario é a bióloga especialista en microbioloxía e formadora do Centro Superior de Hostelería de Galicia nestas cuestións para o sector turístico e hostaleiro, Yolanda Torres Corral.

Esta acción formativa enmárcase no eixo 3, dirixido aos centros, do Plan de Continxencia para a Educación non presencial e semipresencial, no que se establecía que desde a Xunta se ofertará formación arredor das necesidades derivadas da pandemia da covid-19 para toda a comunidade educativa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre