Inicio Galicia A Xunta ofrece formación en materia de prevención e loita contra a...

A Xunta ofrece formación en materia de prevención e loita contra a violencia de xénero ao persoal da administración pública

0

Trinta persoas inician hoxe un curso específico na Escola Galega de Administración Púbica (EGAP)

A Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría xeral da Igualdade, inicia hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) un curso sobre a abordaxe da violencia de xénero, dirixida a funcionarios e funcionarias da Administración galega.

O obxectivo do curso é formar no coñecemento en violencia de xénero ás e aos empregados públicos para contribuír ao desenvolvemento do seu labor en termos de igualdade de xénero, como medio de prevención eficaz da violencia exercida contra as mulleres.

O curso abrangue, entre outras cuestións, o actual marco normativo estatal e autonómico, as medidas de protección para as vítimas, a abordaxe da violencia de xénero desde a intervención psicolóxica ou as redes de trata de persoas con fins de explotación sexual. Ademais brindará ás persoas participantes información sobre os recursos da acollida, de atención individuais ás vítimas de violencia de xénero así como dos programas e servizos dos que dispón a Administración autonómica para traballar a prol da erradicación da violencia de xénero.

O curso está impartido por profesionais de diversos ámbitos. Nel intervirán axentes de igualdade, membros das Forzas e Corpos de Seguridade, da Fiscalía Superior de Galicia, profesionais da psicoloxía, especialistas en trata de seres humanos e persoal da Administración Pública que desenvolve o seu traballo en contacto con situacións de violencia de xénero.

No curso participan desde hoxe 30 persoas, elixidas segundo os criterios xerais da EGAP, tendo preferencia o persoal da Administración autonómica que traballe nas áreas de igualdade e violencia machista.

A actividade desenvólvese durante 21 horas de formación presencial que terá lugar nas aulas da EGAP desde hoxe e ata o próximo 28 de outubro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre