Inicio Galicia A Xunta ofrece formación a 20 titulados universitarios a través de bolsas...

A Xunta ofrece formación a 20 titulados universitarios a través de bolsas en materia de arquivos

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe de beneficiarios que desempeñarán o seu labor durante seis meses no Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería de Cultura e Turismo


O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe de beneficiarios das 20 bolsas de formación en materia de arquivos que convoca a Xunta de Galicia, cun investimento total de preto de 110.000 euros.

Os beneficiarios, todos eles titulados universitarios, realizarán actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se desenvolven no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Así, os beneficiarios realizarán o seu labor no Sistema de Arquivos de Galicia, máis concretamente no Arquivo de Galicia, nos Arquivos Históricos Provinciais de Pontevedra, Ourense e Lugo, nos Arquivos Territoriais de Vigo e de Pontevedra, no Arquivo do Reino de Galicia e nos arquivos municipais de Ribadavia, Ordes, Bergondo, Abegondo, Celanova, Paradela, Ordes, Muros, Carballo, Aranga, Boborás e Ponteceso.

As bolsas terán unha duración de seis meses, con posibilidade de prórroga, e o importe bruto mensual de cada bolsa é de 895 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre