Inicio Galicia A Xunta ofrece a súa colaboración á Asociación das Forzas e Corpos...

A Xunta ofrece a súa colaboración á Asociación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado Vítimas do Terrorismo

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, reuniuse hoxe co presidente desta asociación, Francisco Zaragoza


Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, reuniuse hoxe co presidente a nivel nacional da Asociación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado Vítimas do Terrorismo (AFCSEVT), Francisco Zaragoza, a quen ofreceu a colaboración da Xunta no ámbito das súas competencias.

No encontro tamén participaron o Comisario Xefe da Policía Autonómica, Fernando Pico; e, por parte da AFCSEVT, o seu vicepresidente, Javier López, e o delegado en Galicia, Antonio Suárez.

Desde a Asociación, solicitouse a colaboración da Administración autonómica no desenvolvemento das chamadas “Xornadas de Convivencia”, que tratan de visibilizar e sensibilizar á sociedade coa problemática que afecta ás vítimas e aos seus familiares. A Xunta mostrou a súa disposición a colaborar nesta iniciativa, e ofreceu as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada como lugar de celebración.

Durante o encontro, tamén se abordaron outros temas de interese, como as normativas relacionadas cos atentados terroristas ou a importancia de dar a coñecer ás voz das vítimas, tanto a nivel educativo como social. A Xunta comprometeuse a estudar todas cuestións que entran dentro das súas competencias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre