Inicio Galicia A Xunta ofrece 1.525 prazas nos campamentos de verán da provincia de...

A Xunta ofrece 1.525 prazas nos campamentos de verán da provincia de Pontevedra

0

A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e novas actividades no albergue de Lalín, Colexio Cemar de Mondariz Balneario, Granxa Escola El Kiriko, Granxa Escola de Tomiño, RTL de Panxón e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta 1.525 prazas nos campamentos de verán que se organizan para este 2020 na provincia de Pontevedra.

Baixo o nome O verán que necesitas ofreceranse campos de voluntariado, e campamentos de verán a partir da segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Como novidade, na provincia de Pontevedra ofreceranse novas actividades no albergue de Lalín, Colexio Cemar de Mondariz Balneario, Granxa Escola El Kiriko, Granxa Escola de Tomiño, RTL de Panxón e o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

O prazo de solicitude comezou hoxe, martes 16, e terá unha duración de sete días hábiles. O número de prazas é inferior á de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero conseguiuse acadar unha cifra relevante grazas á incorporación de instalación como as diferentes residencias de tempo libre de Galicia.

Un ano máis poderán participar todas as mozas e mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais. Neste sentido, existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 63 prazas na residencia de tempo libre de Panxón.

As actividades desenvolveranse no albergue xuvenil das Sinas en Vilanova de Arousa, no campamento xuvenil de Pontemaril en Forcarei, no da Illa de Ons en Bueu, no albergue municipal Vicente Agulló de Lalín, no Colexio Cemar en Mondariz-Balnerio, na granxa escola El Kiriko en Fornelos de Montes, na granxa escola albergue de Tomiño e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Para os campamentos de verán de nenos de 9 a 17 anos, a Xunta oferta na provincia de Pontevedra 1.065 prazas, 289 nos minicampamentos Coñece-Galicia con Cultura e Turismo e 108 nos campos de voluntariado só para mozos galegos de 18 a 30 anos.

Protocolo específicoEste programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome O verán que necesitas, esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade que require actual situación.

Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para garantir o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre