Inicio Galicia A Xunta ofertará 120 prazas en cursos para traballadores desempregados no Centro...

A Xunta ofertará 120 prazas en cursos para traballadores desempregados no Centro de Formación Ocupacional de Viveiro

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 190.000 euros nesta oferta a desenvolver nos vindeiros meses

A Consellería de Economía, Emprego e Industria programou para o vindeiro ano unha oferta formativa con 120 prazas para traballadores desempregados no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Viveiro.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Xunta investirá 190.000 euros en oito cursos que se irán poñendo en marcha nos vindeiros meses. O obxectivo é mellorar a empregabilidade dos participantes proporcionándolles novos coñecementos en especialidades con boas perspectivas de integración no mercado laboral.

Balseiro explicou que os participantes que superan os cursos acceden a un certificado de profesionalidade, que os habilita para exercer o oficio aprendido en todo o Estado. Os alumnos son seleccionados a través das oficinas de emprego, se ben os traballadores ocupados que estean interesados na materia poden optar ata a un 25% das prazas no caso de que non se cubriran en primeira instancia.

A consellería vén de seleccionar ás entidades que se encargarán de impartir as diferentes accións formativas. O primeiro curso en poñerse en marcha, en xaneiro, será o de “Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos”, que corre a cargo da Fundación Laboral da Construción; impartirán unha segunda edición a partir de abril. Ao longo do ano ofertaranse tamén accións formativas relacionadas coa gravación e tratamento de datos e documentos, xestión contable e administrativa, operacións auxiliares de fabricación mecánica, mecanizado por arranque de labra, confección e publicación de páxinas web, montaxe e mantemento de instalacións caloríficas e atención sociosanitaria á persoas dependentes en institucións sociais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre