Inicio Galicia A Xunta oferta na Coruña e comarca 13 novos ciclos de FP...

A Xunta oferta na Coruña e comarca 13 novos ciclos de FP con 222 prazas

0

O delegado territorial da Xunta de Galicia visitou o centro CIFP Someso na Coruña para dar a coñecer a novidades do vindeiro curso


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o centro CIFP Someso, con 1.104 alumnos, no que este novo curso se implantarán 3 novos ciclos de FP Dual de Soldadura e Caldeiraría, Carpintaría e Moble e Automoción que ofrece 62 prazas en total. O representante do Goberno Autonómico explicou que este ano se ofertan nos centros de FP da cidade da Coruña e da súa comarca 13 novos ciclos que contarán con 222 prazas.

Os novos ciclos son Automoción, Carpintaría e moble, Cociña e gastronomía, Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, Desenvolvemento de aplicacións web, Dobre titulación en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración, Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións, Mecatrónica industrial, Navegación e pesca de litoral, Servizos en restauración, Sistemas electrotécnicos e automatizados, Soldadura e caldeiraría, e Xestión de aloxamentos turísticos.

Na provincia da Coruña a oferta de novos ciclos chega ata os 30 con 523 prazas. Cómpre lembrar que este ano, entre primeiro e segundo ciclo, hai máis de 51.000 matriculados en ensinanzas de FP en Galicia.

Leer más:  La titularidad de la única casa de Barcela, con 300 hectáreas de monte vecinal, crea controversia en Negueira (Lugo)

FP DualA oferta que tamén avanza na cidade e área da Coruña é a implantación da FP dual xa que se ofertarán 11 ciclos deste tipo de formación con 178 prazas. 3 ciclos no CIFP Paseo das Pontes (Servizos en Restauración, Cociña e Gastronomía. Dobre titulación en Dirección de cociña e en Dirección de servizos de restauración); tres ciclos no CIFP Someso (Soldadura e caldeiraría, Carpintería e Moble e Automoción); dous ciclos no IES Universidad Laboral (Navegación e Pesca de Litoral, e Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións) dous ciclos no IES Fernando Wirtz Suárez (Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Desenvolvemento de Aplicacións Web) e un ciclo no IES Urbano Lugrís (Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.)Cómpre salientar a importante aposta pola FP dual das empresas punteiras de Galicia en sectores estratéxicos para a nosa comunidade, como é o caso de Madeira e moble, de Marítimo- pesqueira, de automoción, informática, eólica ou fabricación mecánica. Esta implicación ten resposta na implantación nesta modalidade de ciclos de grao medio e superior das familias correspondentes, 4 na familia de Madeira e moble, 2 na de Marítimo pesqueira, 6 en Transporte e mantemento de vehículos, 3 en Informática e comunicacións, 1 en Enerxía e Auga e 7 en fabricación mecánica, entre outras.

Leer más:  Conduce fumando un porro hacia un control en Poio (Pontevedra) y es multado con 1.000 euros y la pérdida de seis puntos

Esta oferta avanza na implantación da FP Dual, unha das apostas do departamento educativo da Xunta de Galicia para impulsar a empregabilidade dos titulados e para axustar a formación profesional ás necesidades dos sectores produtivos. Amplíase ademais a oferta en ciclos en réxime ordinario e de adultos con importante demanda de emprego. Neste sentido cómpre sinalar que o motivo mesmo de modificar a oferta de ciclos para cada curso vén derivado da necesidade de dar resposta ao tecido socio-produtivo de cada comarca e á demanda de titulados que solicitan as empresas, o que redunda nunha maior facilidade para que o alumnado da FP galega acceda a un posto de traballo ao rematar os seus estudos.


- Te recomendamos -