Inicio Galicia A Xunta oferta máis de 1.000 prazas en formación en seguridade pública...

A Xunta oferta máis de 1.000 prazas en formación en seguridade pública para policías locais durante o segundo semestre

0

O Plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), situada na Estrada, inclúe 54 cursos e máis de 500 horas

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ofertará máis de 1.000 prazas de formación para policías locais neste segundo semestre a través do Plan de formación continua de seguridade pública. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta convocatoria, que inclúe 54 cursos e máis de 500 horas de formación presencial.

O catálogo de cursos estruturase nos seguintes módulos formativos: tráfico e seguridade viaria; policía comunitaria e policía de proximidade; policía administrativa; violencia de xénero; o terrorismo xihadista; área técnica; área táctico policial; e utilización dos medios de dotación policial.

Cómpre destacar que, ao igual que no primeiro semestre, e por primeira vez este ano, as área de violencia de xénero e terrorismo xihadista forman módulos independentes, o que permite obter formación específica e especialidade nestas materias.

Así, neste abano de actividades haberá formacións específica en como actuar con vítimas de agresión sexuais, a prevención do acoso á mocidade en internet, a intervención con homes maltratadores, o rastrexo visual de incendiarios ou socorrismo.

O alumnado interesado pode inscribirse ata o próximo 7 de setembro. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre