Inicio Galicia A Xunta notificou a 53 concellos da provincia da Coruña que son...

A Xunta notificou a 53 concellos da provincia da Coruña que son beneficiarios das axudas para a mellora das súas infraestruturas turísticas

0

Retómase así a liña de subvencións convocada en novembro pola Xunta de Galicia, e que tivo que ser paralizada pola crise sanitaria da covid-19, a través dunha nova fórmula administrativa

A Xunta de Galicia vén de notificar a un total de 53 concellos, mancomunidades e consorcios locais ou agrupacións de concellos da provincia da Coruña que son beneficiarios das axudas que o Goberno galego reserva para impulsar actuacións de posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística do rural con máis de 1,1M€.

Sufragaranse, entre outras, accións de embelecemento dos accesos e bens declarados de interese cultural, iluminación ornamental, recuperación e creación de miradoiros paisaxísticos ou recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional entre outras, co que se pretende seguir impulsando Galicia como un destino fiable e de calidade, potenciando os valores que caracterizan o modelo turístico galego e que cobran especial importancia no contexto actual, como a natureza, a paisaxe a enogastronomía ou o Camiño de Santiago.

As achegas para a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes. Estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos municipios”.

Retómase así a liña de subvencións convocada en novembro pola Xunta de Galicia, e que tivo que ser paralizada pola crise sanitaria da covid-19, a través dunha nova fórmula administrativa cos concellos que a solicitaron que pasarán a xestionarse a través de convenios para axilizar a tramitación, pactando os obxectivos das achegas para adaptalos a cada caso particular, garantindo así a súa execución. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre