Inicio Galicia A Xunta notifica a 14 concellos e entidades locais da provincia de...

A Xunta notifica a 14 concellos e entidades locais da provincia de Lugo que contarán con axuda para contratar persoal nas oficinas de turismo

0

A Consellería de Cultura e Turismo mantén o seu compromiso reformulando unha das liñas de subvencións que tivo que ser paralizada por mor da alerta sanitaria

A Consellería de Cultura e Turismo vén de notificar a 14 concellos e entidades locais da provincia de Lugo que poderán optar ás axudas autonómicas que o Goberno galego viña reservando nos últimos anos para a contratación de persoal durante o verán, no marco das súas habituais liñas de apoio.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que tendo en conta que a liña de subvencións convocada en febreiro pola Xunta de Galicia tivo que ser paralizada con motivo da crise sanitaria da covid-19, retómase agora a través dunha nova fórmula administrativa para cooperar cos concellos que solicitaron esta axudaDeste novo apoio poderán beneficiarse todos os concellos, municipios turísticos, xeodestinos ou agrupacións municipais que o solicitaron. Cada solicitante recibirá 5.500 euros, o que supón un investimento total de 77.000 euros na provincia de Lugo. A iniciativa permitirá reforzar o persoal das súas oficinas de turismo e, en consecuencia, a atención a turistas e visitantes que fan uso deste servizo de información.

Na provincia de Lugo son 13 os concellos potencialmente beneficiarios –os de Portomarín, Palas de Rei, Mondoñedo, Ribadeo, Foz, Viveiro, Samos, Sarria, Sober, Quiroga, Chantada, Folgoso do Courel e Pantón-, aos que hai que engadir á Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense.

Balseiro explicou que con esta medida búscase, en liña co previsto no Plan de Reactivación do sector turístico, fomentar o emprego, así como a colaboración cos concellos a través da contratación de persoal cualificado e profesionalizado que contribúa a blindar a calidade na atención turística no territorio galego.

Cómpre lembrar que o ano pasado Lugo foi a provincia galega na que máis creceu o turismo, cun incremento do 12,4% no caso da demanda e do 13% no número de turistas. “E fíxoo nun ano no que Galicia conseguiu os mellores datos turísticos da súa historia. A situación será diferente nesta etapa poscovid-19, pero os concellos seguirán contando co apoio da Xunta”-concluíu Balseiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre