Inicio Galicia A Xunta mostra o seu apoio ao labor da Fundación RIA de...

A Xunta mostra o seu apoio ao labor da Fundación RIA de cara a rexeneración urbana das vilas mariñeiras

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe en Ribeira á presentación oficial da metodoloxía de rexeneración urbana das vilas mariñeiras desenvolvida pola Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA). Esta fundación ten como obxectivo principal, o fomento, a análise, o debate, o desenvolvemento, a promoción, a execución e a protección das economías locais e dos valores arquitectónicos, urbanos, naturais e culturais das Rías Atlánticas de Galicia. Deste xeito, procura conciliar e potenciar os esforzos de persoas e institucións públicas ou privadas relacionadas cos mesmos e, no seu caso, operar como instrumento de coordinación destas.

No acto realizado hoxe, esta entidade, da man do seu fundador e presidente, David Chipperfield, debullou os resultados de todos os traballos realizados ao longo de catro semanas con representantes das administracións locais, provinciais e autonómicas, así como da comunidade científica, do sector empresarial e do tecido asociativo de Ribeira. Este traballo é resultado dun obradoiro no que se abordaron, da man destes expertos e coa participación da cidadanía, cuestións como os conflitos e as oportunidades das vilas mariñeiras relativos á súa relación cos portos e co mar.  

Leer más:  David Regades jura nuevamente como delegado en la Zona Franca de Vigo después de haber estado ocho meses en el Congreso

- Te recomendamos -