Inicio Galicia A Xunta merca 2.000 pezas de queixo a través de Mercaproximidade para...

A Xunta merca 2.000 pezas de queixo a través de Mercaproximidade para abastecer ao Banco de Alimentos de Lugo

0

Nestas dúas últimas semanas, a Consellería do Medio Rural leva mercado numerosos alimentos para cedelos a diversos organismos, entre eles varios hospitais, entidades e comedores sociais


A Xunta vén de mercar 2.000 pezas de queixo a través da nova canle de comercialización impulsada polo Goberno galego, Mercaproximidade, para entregalas ás familias que así o precisan a través do Banco de Alimentos de Lugo.

Nestas dúas últimas semanas, a Consellería do Medio Rural leva mercado numerosos alimentos para cedelos a diversos organismos, entre eles varios hospitais, entidades e comedores sociais e o propio Banco de Alimentos de Lugo, co obxectivo de dotar a estas entidades de provisións suficientes nestes tempos de emerxencia sanitaria.

Así, e de xeito temporal, a Consellería está a axudar aos pequenos produtores agrícolas e gandeiros para dar saída aos seus excedentes, debido a que as súas canles habituais de comercialización están pechadas por mor do coronavirus, destacando entre elas a hostalaría, a restauración e os mercados tradicionais de proximidade.

Este medida foi adoptada pola Xunta como unha posible ferramenta para minimizar a perda de ingresos destes profesionais agropecuarios e asegurar a supervivencia dun dos motores principais do rural galego. Así, a través da orde impulsada pola Consellería, e publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 14 de abril, a Xunta está a mercar produtos agroalimentarios como son patacas, carne, queixos, mel ou embutidos.

A nova canle de comercialización Mercaproximidade comezou o pasado 15 de abril, tendo a día de hoxe máis de 370 industrias e produtores adheridos a esta fórmula de venda. Ademais, xa están integrados os grupos Gadis, Froiz, Vegalsa-Eroski -cos seus establecementos Eroski e Familia-, El Corte Inglés -cos establecementos Hipercor e Supercor-, Carrefour -cos seus centros Carrefour e Carrefour Market-, Grupo Cuevas -cos seus supermercados Plenus, Aquié e Aquí-, Lidl, Alcampo, Coviran e DIA. Porén, a iniciativa segue aberta a todas aquelas cadeas, empresas de subministración de colectividades e plataformas online que desexen sumarse, co obxecto de axudar aos agricultores e gandeiros galegos durante a emerxencia sanitaria.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre