Inicio Galicia A Xunta mellorará os tempos de resposta dos servizos sociais coa adhesión...

A Xunta mellorará os tempos de resposta dos servizos sociais coa adhesión das 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral á Historia Social Única Electrónica

0
image_gallery.jpg

Esta plataforma da Administración autonómica integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á atención social das persoas beneficiarias de prestacións


A Xunta de Galicia mellorará a eficacia do traballo dos profesionais dos servizos sociais, tanto dos concellos como da propia Administración autonómica, coa adhesión das 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral na Historia Social Única Electrónica (HSUE). Coa integración nesta plataforma do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar tamén se responderá antes ás persoas destinatarias das prestacións pois se acurtarán os tempos de tramitación das solicitudes.

A HSUE é unha plataforma que integra todos os datos relativos á atención social das persoas beneficiarias do sistema galego de servizos sociais, o que facilita a coordinación de todos os axentes que participan na súa prestación. Entre outras vantaxes, este sistema emprega alertas e subscricións que avisan aos profesionais de calquera cambio no historial da persoa para que poidan actuar en consecuencia dunha maneira inmediata.

Así mesmo, a plataforma proporciona unha identificación unívoca dos cidadáns ao empregar a numeración da tarxeta sanitaria, e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado por parte dos profesionais, que accederán só aos datos e á información necesaria para o desenvolvemento do seu labor.

Equipos comarcaisAs 18 oficinas comarcais de integración sociolaboral dan atención aos concellos pequenos e medianos de toda Galicia. Estas emprázanse en: Ames, Arzúa, Carballo, Noia, As Pontes, Begonte, Mondoñedo, Monforte de Lemos, O Corgo, Barbadás, O Carballiño, A Rúa, Sarreaus, Baiona, Lalín, Marín, O Porriño e Vilagarcía.

Os equipos profesionais destas oficinas ocúpanse de mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación de risco ou exclusión social a través de itinerarios personalizados de inserción.700 profesionaisEn total, preto de 700 profesionais dos servizos sociais locais e da Administración autonómica empregan xa a Historia Social Única Electrónica (HSUE), a través da que teñen acceso aos expedientes dixitais de 670.000 galegos. A día de hoxe un total de 311 concellos están adheridos á plataforma, que facilita a coordinación de todos os axentes implicados na prestación dos servizos sociais.

Desde o seu arranque, a Amtega e a Consellería de Política Social traballan de forma continuada na evolución e mellora da plataforma, incorporando novas funcionalidades, novos ámbitos de información e servizos. Ademais, avanzouse na integración de HSUE con outros sistemas como a interoperabilidade coa Historia Clínica, facilitando aos profesionais médicos implicados na avaliación da discapacidade o acceso a IANUS; e tamén cos sistemas de intermediación e orientación laboral do Sistema Público de Emprego de Galicia, posibilitando a solicitude de prestacións como a RISGA directamente desde a plataforma por parte dos profesionais sociais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre