Inicio Galicia A Xunta mellorará os servizos dos veciños de Outes coa renovación íntegra...

A Xunta mellorará os servizos dos veciños de Outes coa renovación íntegra dos pantaláns do Freixo

0


A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, explicou hoxe ao alcalde de Outes, Manuel González, que o ente público licitará ao longo deste ano a renovación integral dos pantaláns do Freixo, no concello de Outes. Para esta actuación prevese unha inversión de arredor de 365.000 euros e enmárcase no proxecto construtivo de ampliación, reforma e mellora de instalacións flotantes de atraque en diferentes portos de Galicia.

Neste caso do Freixo, o proxecto comprenderá a mellora de pavimentos con madeira tecnolóxica nos pantaláns, a reparación e acondicionamento doutras carencias e a mellora do sistema de apertura das portas de acceso aos pantaláns, entre outros aspectos. Así llo detallou Susana Lenguas ao rexedor de Outes nunha reunión mantida hoxe para abordar o estado das instalacións portuarias da zona.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre