Inicio Galicia A Xunta mellorará as instalacións dunha vintena de escolas infantís de iniciativa...

A Xunta mellorará as instalacións dunha vintena de escolas infantís de iniciativa social cun investimento de 400.000 euros

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións a estes centros para nenas e nenos 0 a 3 anos


A Xunta de Galicia destinará 400.000 euros para a mellora de 19 escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de entidades privadas de iniciativa social (EPIS). O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a listaxe das entidades e centros que se beneficiarán desta orde de axudas, que conta con financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O obxecto destas achegas é reforzar a calidade da atención educativa que prestan estes centros. A contía máxima que pode chegar a recibir cada centro ascende a 25.000 euros: 15.000 para obras que melloren a accesibilidade da escola ou a doten dos servizos necesarios e 10.000 euros para a renovación do mobiliario e o material didáctico e de xogo.

Este é o cuarto ano consecutivo no que o Goberno galego convoca esta liña de subvencións para investimentos nas EPIS, que engrosa, así, o conxunto de medidas que busca dar resposta ao compromiso de poñer a disposición das familias galegas os mellores centros para as súas fillas e fillos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre