Inicio Galicia A Xunta mellorará as instalacións do centro de formación ocupacional de Montirón...

A Xunta mellorará as instalacións do centro de formación ocupacional de Montirón cunha achega de 325.000 euros

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, salientou a importancia dos cursos que se imparten neste centro, que serven como un pasaporte eficaz para atopar traballo e incrementar as oportunidades de adquirir novas habilidades profesionais máis axustadas ás circunstancias actuais do mercado laboral

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a formalización do contrato para executar obras de mellora no centro de formación profesional ocupacional de Montirón, na cidade de Lugo, por valor de 325.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas obras, adxudicadas en dous lotes diferentes, consistirán fundamentalmente na substitución das carpintarías exteriores e na renovación da cuberta, traballos que teñen un prazo de execución de dous meses.

Trátase, en definitiva, de seguir apostando pola mellora deste centro, “toda unha referencia na cidade”, no que se imparten cursos que supoñen “un pasaporte moi eficaz para atopar traballo”, polo que, “desde a Xunta imos seguir apostando por eles, destinando os recursos que sexan necesarios, como é esta obra de mellora”.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Mellora da carpintería e cuberta do edificioCon estas melloras dotarase a todas as fiestras que aínda carecían deste sistema de dobre acristalamento con cámara, que aportará maior confort térmico ao edificio. Esta actuación inclúe tamén o pintado, colocación das carpinterías e tratamento antihumidades. As unidades de carpinterías previstas suman 429 metros cadrados de superficie.

A Xunta tamén executará a renovación das cubertas de lousa do edificio. Estes traballos consisten na substitución do material de cubrición dos faldóns inclinados da cuberta, así como das súas partes verticais. Tamén se prevé a substitución das actuais canles ocultas de PVC por canles ocultas de aluminio.

Cursos de formaciónCompre lembrar que estas instalacións acollen, ao longo do ano, diversos cursos de formación profesional ocupacional especialmente dirixidos a persoas en situación de desemprego, pero aos que tamén poden acceder traballadores activos que queren ampliar a súa formación e ademais facelo coas garantías de contar, ao remate dos mesmos coa acreditación oficial da formación recibida.

De feito, ao longo dos últimos meses, as instalacións do centro acolleron doce cursos, especialmente dirixidos a persoas en situación de desemprego, ás que se lles ofrece unha oportunidade de adquirir novas habilidades profesionais máis axustadas ás circunstancias actuais do mercado de traballo.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Ademais, está previsto incrementar as accións formativas, xa que o calendario de programación deseñada para o que resta de 2018 e principios de 2019 contempla dezasete cursos adicionais que se irán coñecendo nas próximas datas. En cada curso poden participar ata 15 persoas desempregadas, que son seleccionadas a través das oficinas de emprego de entre os candidatos da provincia de Lugo.

Balseiro tamén puxo en valor que este mesmo centro acolle as aulas de formación do programa Incide, da Dirección Xeral de Comercio, e constitúense como sede para o procedemento de recoñecemento da experiencia profesional nas cualificacións de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Tanatopraxia.  


- Te recomendamos -