Inicio Galicia A Xunta mellorará a estrada autonómica LU-933 na zona dos Albeiros-Montefurado no...

A Xunta mellorará a estrada autonómica LU-933 na zona dos Albeiros-Montefurado no termo municipal de Quiroga

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as actuacións contan cun investimento de 100.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda promove obras de mellora na estrada autonómica LU-933, no termo municipal de Quiroga, en concreto, na zona de Os Albeiros, parroquia de Montefurado.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que as actuacións contan cun orzamento estimado que supera os 100.000 euros e teñen previsto iniciarse a semana que vén con cargo ao contrato de conservación ordinaria da zona Sur.

Os traballos consistirán no acondicionamento e rehabilitación do firme entre os puntos quilométricos 48,900 (acceso dende a LU-933 a Montefurado) e o 54,600, no límite de provincia, isto é, ao longo de case 6 quilómetros desta vía.

Para garantir a calidade e durabilidade dos traballos con ligantes bituminosos, se realizan no verán, a época do ano de maior temperatura e menor humidade.

As actuacións, que teñen un prazo de execución dun mes, están previstas dentro da operacións programadas no contrato de conservación integral e encamiñadas a un mantemento das axeitadas condicións de seguridade, funcionalidade e nivel de servizo para o uso que presenta, de carácter local e de acceso a fincas, principalmente.

Leer más:  Un hombre resultó herido levemente en un choque entre dos coches en el polígono de Xarás, en Ribeira (A Coruña)

Inclúe tamén outros traballos complementarios como son os de limpeza e reperfilado de cunetas, regularización do perfil do pavimento nas zonas que o precisen, mediante macadam bituminoso, e un tratamento superficial de rega bituminosa dobre con gravilla, en toda a sección e lonxitude da zona de actuación.

O Goberno galego desenvolve esta obra logo dentro da programación ordinaria de conservación e tamén en resposta á petición do Concello de Quiroga que avanzou a necesidade de acometer estes traballos.

Balseiro concluíu salientando que a mellora contribuirá a facer este traxecto moito máis cómodo e seguro para os usuarios da vía e beneficiará ao conxunto de veciños desta localidade. 


- Te recomendamos -