Inicio Galicia A Xunta mellora o patrimonio da Ribeira Sacra coa rehabilitación do Mosteiro...

A Xunta mellora o patrimonio da Ribeira Sacra coa rehabilitación do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo por preto de 200.000 euros

0
image_gallery.jpg

Vense de publicar a licitación dos traballos que terán un prazo máximo de execución de tres meses e actuarán sobre humidades e problemas de filtracións


A Xunta de Galicia vén publicar a licitación das obras de restauración e conservación do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo por 188.355 euros, unhas actuacións especialmente importantes para afondar na posta en valor do patrimonio cultural da Ribeira Sacra, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade no 2021.

O proxecto, cofinanciado con fondos FEDER, permitirá mellorar as condicións de conservación de elementos singulares do patrimonio cultural como este mosteiro, protexido como Ben de Interese Cultural (BIC) e que acolle, ademais, a oficina de turismo do Concello, para o que se realizaron diferentes actuacións nos últimos anos.

Na actualidade existen algúns problemas de conservación vinculados fundamentalmente á entrada de auga e convén revisar algunhas solucións construtivas que se incorporaron recentemente. Por iso, os traballos incluirán, entre outras, diferentes actuacións no acabado das escaleiras da zona porticada da oficina de turismo e tamén na súa fachada norte. Tamén se prevé actuar nas fachadas norte e leste da igrexa, afectadas pola humidadeIgualmente, actuarase sobre o adro da igrexa, revisando as drenaxes e descubrindo as zonas enterradas da fachada dando un novo tratamento axardinado. Tamén se limpará o pavimento de vexetación e se investigarán as canalizacións históricas e recuperaranse na medida do posible o recorrido natural das escorrentías, reducindo a súa entrada na igrexa.

Igrexa e bibliotecaNa zona acristalada do claustro substituiranse os vidros rotos e readaptaranse as portas de vidro existentes adoptando unha solución que permite a ventilación pola zona superior. Tamén se revisará a cuberta da igrexa, na fachada da biblioteca substituirase o revestimento, recuperarase a viga policromada do coro e faranse actuacións de restauración para a súa conservación.

Para poder realizar estes traballos, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un convenio de colaboración coa Diócese de Ourense e co Concello de Xunqueira de Espadanedo para a realización das obras de restauración e conservación do mosteiro. Os traballos terán un prazo máximo de execución de tres meses.

Un millón de euros na zonaEstas actuacións enmárcanse no compromiso do Goberno autonómico por avanzar na posta en valor do patrimonio cultural galego. Neste caso, actúase en concreto dun ben que forma parte do extenso patrimonio cultural da Ribeira Sacra. Co obxectivo de conservar este legado, a Xunta ten abertos varios procesos de licitación para a conservación e restauración de inmobles como a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil, as igrexas de Santo Estevo de Atán, de San Vicenzo de Pombeiro ou de Santo Estevo de Ribas do Miño, entre outros, e que en conxunto aproximanse ao millón de euros.

Alta Idade MediaAs orixes do Mosteiro da Xunqueira de Espadanedo sitúanse nun cenobio familiar da Alta Idade Media. Amparado polo veciño Mosteiro de Santa María de Montederramo pásase ao císter a finais do século XII comezando a construción da fábrica medieval entre finais do século XII e inicios do XIII. É un cenobio cisterciense formado por igrexa, mosteiro e claustro. A igrexa ten planta basilical e carece de cruceiro.

No interior destaca entre o mobiliario litúrxico, o altar de pedra de estilo románico e o retablo maior que narra a infancia de Xesús. En canto ás dependencias monásticas, concéntranse de forma compacta en torno ao patio. Pódese falar de dúas fases construtivas históricas, unha inicial de tempos medievais e da que é testemuño a igrexa e outra posterior de Idade Moderna á que se adscribe o resto do conxunto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre