Inicio Galicia A Xunta mellora as instalacións e o equipamento do CIFP Santa María...

A Xunta mellora as instalacións e o equipamento do CIFP Santa María de Europa cun investimento global de preto de 540.000 euros no período 2018-19

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou este centro de formación dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou hoxe o o centro integrado de Formación Profesional (CIFP) Santa María de Europa, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, onde na actualidade se están a celebrar oito accións formativas para desempregados (AFD) e que acollerá ao longo do curso un total de 16.

Este centro foi obxecto no período 2018-2019 de múltiples actuacións para a mellora das súas instalacións e equipamentos que supuxeron un investimento global do Goberno autonómico de 538.730 euros. Así, Díaz Mouteira comprobou o inicio das obras de reparación e substitución da cuberta a dúas augas de dous dos módulos que forman o complexo que contan cun orzamento de 168.050 euros.

O prazo de execución deste proxecto é de dous meses, polo que está previsto que o remate das obras coincida co inicio do novo curso escolar, o vindeiro mes de setembro.

Ademais da renovación da cuberta, entre os investimentos achegados pola Xunta a este centro de integrado Formación Profesional cómpre subliñar a renovación dos talleres e da cociña, e o centro de mecanizado de cinco eixes.16 accións formativas para 240 desempregadosMarisol Díaz subliñou a aposta do Goberno galego por mellorar as instalacións e os equipamentos educativos e indicou que estas actuacións beneficiarán aos 240 alumnos que ao longo de este ano participarán nalgunha das 16 accións formativas previstas por este centro e nas que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste case 480.000 euros. Precisamente hoxe rematan o curso os alumnos de Montaxe e Mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción, logo de máis de catro meses de formación.

Na actualidade se están a desenvolver oito accións formativas, relacionadas coas materias de cociña, carpintería, floraría, soldadura, entre outras. Outras seis están pendentes de inicio.

Díaz Mouteira incidiu na importancia da formación de cara á mellora da empregabilidade, polo que subliñou que a formación de calidade ofrecida nestas actividades, vinculada á obtención de certificados de profesionalidade, pode ser determinante de cara á inserción laboral dos participantes. “Unha das principais vantaxes da programación de cursos AFD é que se ofrece ás persoas desempregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, capacitándoas para traballar en sectores laborais cun alto índice de empregabilidade”, indicou.

O CIFP Santa María de Europa ten adscrito o centro de formación Valverde que o departamento dirixido por Francisco Conde ten en Allariz e que ao longo do presente curso vén de programar o desenvolvemento de seis accións formativas para desempregados (AFD) nas que está previsto a participación dun total de 90 alumnos en áreas tan diversas como hostalaría, agraria e atención social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre