Inicio Galicia A Xunta mellora a estrada PO-400 e facilita aos veciños de Crecente...

A Xunta mellora a estrada PO-400 e facilita aos veciños de Crecente os seus desprazamentos cotiás en condicións de maior seguridade

0

Estes traballos consistiron na adecuación do firme actual ao longo dunha lonxitude duns 550 metros distribuídos en catro tramos: dous en Mosteiro (Albeos), outro nun acceso en Pazo (Sendelle) e outro en Parada (Rebordechán)


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisou hoxe as obras de mellora realizadas na estrada PO-400, en Crecente, que xa están a facilitar a mobilidade dos veciños en condicións de maior seguridade viaria.

Estes traballos, que forman parte da primeira fase de acondicionamento desta estrada, consistiron na adecuación do firme actual ao longo dunha lonxitude duns 550 metros distribuídos en catro tramos: dous situados en Mosteiro (Albeos), outro nun acceso en Pazo (Sendelle) e outro en Parada (Rebordechán).

Este proxecto, que foi financiado polo Goberno galego mediante a achega de máis de 48.000 euros, tamén contemplou traballos de limpeza e reperfilado de cunetas.

O Executivo autonómico, con estas actuacións, dálle resposta a unha solicitude dos veciños, que xa dispoñen dunha vía máis cómoda e segura para efectuar os seus desprazamentos cotiás dun punto a outro neste termo municipal.

Doutra banda, o departamento que dirixe Ethel Vázquez está a ultimar outras actuación relacionadas coas infraestruturas hidráulicas neste concello pontevedrés. A través de Augas de Galicia ten previsto licitar o próximo mes de marzo as obras de saneamento en Sendelle e AmeixeiraA Xunta continúa a traballar en colaboración cos concellos, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e fomentar o desenvolvemento económico e social dos concellos galegos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre