Inicio Galicia A Xunta manterá a súa colaboración nos xulgados especializados de cláusulas...

A Xunta manterá a súa colaboración nos xulgados especializados de cláusulas chan que se prorrogan en Lugo e Ourense

0

Na reunión, presidida polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, participaron o secretario de Estado de Xustiza e os responsables das Comunidades Autónomas


O director xeral de Xustiza, Juan José Martín participou esta mañá na reunión entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza e as Comunidades Autónomas con competencias en materia de Xustiza, onde se acordou a prórroga dos Xulgados especializados de Lugo e Ourense.

Na reunión, presidida polo presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes, que participaron o secretario de Estado de Xustiza e os responsables das Comunidades Autónomas, avaliouse a evolución do Plan de especialización de xulgados en materia de cláusulas abusivas que se puxera en marcha o 1 de xuño de 2017 en 54 xulgados de toda España.

Dado que no caso dos xulgados especializados de Coruña e Vigo o acordo sigue vixente ata o 31 de decembro de 2020, na reunión acordouse a prórroga do plan por outros 6 meses máis ata finais de ano para os xulgados especializados de Lugo e Ourense; de xeito que en resumen Galicia seguirá a contar con 4 xulgados especializados, un por provincia, ata finais de ano.

No caso de Galicia os xulgados de primeira instancia Nº 7 da Coruña e do Nº 14 de Vigo, que son os especializados nas provincias da Coruña e Pontevedra, respectivamente, no último acordo de decembro de 2019 foran especializados durante toda a anualidade do presente ano 2020.

Pero no caso das provincias de Lugo e Ourense nas que os xulgados especializados son os de primeira instancia Nº 2 en Lugo e o Nº 7 para Ourense, o período da prórroga acordada en decembro pasado remata o 30 de xuño, mediante tiveron atribuídas nas súas respectivas provincias a tramitación desta materia na maneira determinada pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza.

En xeral, o obxectivo deste Plan consistiu na especialización de xulgados de primeira instancia en cada territorio para facer fronte ao volume de accións individuais presentadas sobre condicións xerais incluídas en contratos de financiación con garantías reais inmobiliarias cuxo prestatario sexa unha persoa física (cláusulas suelo, vencemento anticipado, intereses moratorios, gastos de formalización de hipoteca, entre outras).

A última das prórrogas do Plan tivo lugar o pasado 18 de decembro de 2019, mediante a que se acordou renovar a medida para o ano 2020, se ben diferenciando por seis meses ou por un ano, en función das necesidades concretas de cada territorio e xulgado especializado.

Desde o inicio do Plan os xulgados especializados en Galicia recibiron case que 20.000 demandas por cláusulas abusivas, e segundo os datos estatísticos do Poder Xudicial correspondentes ao primeiro trimestre deste ano, os xulgados galegos resolveron 10.000 procedementos nesta materia. A finais de marzo atopábanse en trámite ao redor de 7000 asuntos nos xulgados especializados galegos (3.987 na provincia da Pontevedra, 2.733 na provincia da Coruña, 312 na provincia de Ourense e 181 na provincia de Lugo).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre